Tempadas

Gracias á confianza e ao respaldo da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo e á propia Universidade, varios alumnos formaron en 2014 UVigo Motorsport, o equipo galego de Formula Student.

Tempada 2014-2015

Coa súa primeira formación, UVigo Motorsport, co diseño do seu primeiro monoplaza, o UM15, representou á Universidade de Vigo e a Galicia nas edicións de Silverstone 2015 (UK), Hockenheim 2015 (Alemania) e Montmeló 2015 (España). Na súa primeira tempada o equipo conseguiu unha boa clasificación nas tres competicións e, incluso, un membro do equipo foi galardoado co premio Craig Dawson ao participante máis valioso da competición, recoñecemento ao bo traballo realizado. Desta forma UVigo Motorsport entróu na historia da Formula Student ao gañar un título na súa primeira participación.

Tempada 2015-2016

Na súa segunda tempada o equipo acudiu a diferentes competicións como foron Formula Student Czech Republic e Formula Student Spain, presentando un totalmente novo e novedoso monoplaza, no cal se pasóu dun chasis de acero tubular a un monocasco en fibra de carbono, así como á inclusión da aerodinámica e unha mellora do sistema electrónico, o cal traduciuse en resultar ser o segundo mellor Design español, así como o coche español máis lixeiro.

Para afrontar esta tempada o equipo tivo ao frente a 17 membros que a pesar dos numerosos avances implementados no deseño, lograron sacar o proxecto adiante.

O proxecto liderado por este equipo busca a implantación a largo prazo dun modelo de equipo no que se integren ano tras ano alumnos de distintos cursos de Industriais e de outros centros da Universidade, para levar a cabo unha labor de mellora continua e transferencia de coñecemento.

Tempada 2016-2017

A última tempada foi a mellor da nosa historia. O feito de ser un equipo tan xoven, e lograr deseñar, fabricar e competir cun monopraza cada ano dende a creación do equipo, é un logro en si mesmo. Pero este último ano, conseguimos situar a nosa escudería no alto da competición, convertíndonos en competencia de equipos máis veteranos, máis grandes, e cunha posición moito máis consolidada. A pesares de ser unha tempada chea de retos e dificultades, non fixemos máis que transformar todo isto en oportunidades e logros. Grazas ao esforzo do equipo, e ao esencial apoio dos nosos patrocinadores, en UVigo Motorsport tivemos a mellor tempada da nosa historia, chegando incluso a subir ao pódium de Montmeló.

Puntos esenciais da tempada:

  • Participación na Formula Student Germany (FSG), a máis esixente e solicitada de todas as competicións desta categoría.

  • Rotura do motor na FSG e montaxe e posta a punto dunho novo en apenas 4 días, entre a chegada de Alemaña e a seguinte competición.

  • Participación na Formula Student Spain (FSS), no circuíto de Montmeló (Barcelona). Aquí conseguimos pasar a inspección técnica completa e correr todas as probas co novo motor.

  • Finalistas na proba de costes da FSS, xunto á Universidade de Módena e o Karlsruhe Institute of Technology (Alemaña), ambos equipos con moitos anos ao lombo e presuposto enormemente superior ao noso.

  • Premio oficial da FSS ao mellor traballo de equipo. Este trofeo é un recoñecemento á forma de desenvolvernos en todas as probas estáticas (deseño, costes, presentación do proxecto como plan de negocio), ademáis do resultado total conseguido en relación ás características do equipo. Realmente é un premio moi merecido, pois é todo un logro estar competindo cun deseño de alto nivel en tan solo o noso terceiro ano, coa metade de integrantes do equipo respecto á media da competición, e cun presuposto máis limitado e provinte case ao 100% de patrocinios de empresas privadas.

Desglose das probas e as súas puntuacións (total: 1000 puntos)
Desglose das probas e as súas puntuacións (total: 1000 puntos)
Desglose das probas e as súas puntuacións (total: 1000 puntos)
Desglose das probas e as súas puntuacións (total: 1000 puntos)

Nada do conseguido tería sido posible sen o apoio dos nosos patrocinadores, o cal é especialmente importante no noso equipo. En xeral, os equipos da Formula Student soen sustentar a maior parte da súa financiación en diferentes institucións de apoio e na propia universidade. No noso caso non é así, e realmente estamos orgullosos de acadar o nivel destos equipos e incluso superalo, utilizando recursos da propia industria galega y sendo o escaparate perfecto para amosar o que a nosa industria pode conseguir.