Dende UVigo Motorsport ofrecemos un servizo de impresión 3D para axudarche a fabricar as túas ideas
Só aceptamos arquivos 3D en formato .stl.
O tamaño da nosa mesa de impresión é de 200mm x 270mm de base e 200mm de alto, por eso as pezas a imprimir non poden superar ditas dimensións.
Unha vez recibido o arquivo responderemos cun presuposto nas tres calidades dispoñibles e recomendarémosche cal é a calidade que máis se axusta ás túas necesidades, no caso de ser aceptado poñeráse a peza na cola de impresión.
Actualmente dispoñemos das cores negro, branco, azul, rosa, laranxa, verde e morado, e esperamos ampliar a nosa gama nun futuro.
En función da calidade seleccionada varían as tolerancias xeométricas e o tempo de impresión, a maior calidade maior duración da impresión. A calidade LD ten unha variación de 1mm sobre a medida real, a MD de 0,5mm e a HD ten un error desprezábel.
O coste será de 0.06€ o gramo de PLA + 1€ por hora de impresión.
Exemplo:
Esta peza ten unhas dimensións de 45x50x133mm e pesa 21 gramos.
O coste na calidade LD sería de 3,46€, na calidade MD 4,23€ e na calidade HD 7,03€
IVE incluido no prezo
For any questions or requests you can send an email to 3Dprinter@uvigomotorsport.com