UVigo Motorsport

Somos o primeiro equipo de Formula Student de Galicia
O noso obxectivo: deseñar e fabricar un monoplaza para competir en circuitos de toda Europa

Formula Student

A Formula Student é a competición interuniversitaria de carácter automovilístico máis importante de Europa. Basada nun proxecto formativo interdepartamental iniciado no Reino Unido en 1998, máis de cen universidades de todo o mundo danse cita anualmente en cada un dos circuitos europeos que acollen este evento. Elo supón aceptar o reto de deseñar e construir un monoplaza de altas prestacións, para superar as diferentes probas estáticas e dinámicas que poñan de manifesto a adquisición de coñecementos técnicos e a capacidade innovadora de cada equipo.

Respaldada polos máis altos expoñentes da industria, así como por enxeñeiros de renome internacional como Ross Brawn, máximo responsable do equipo Mercedes AMG F1 e patrón da Formula Student, a competición busca inspirar e desenrolar as aptitudes emprendedoras e innovadoras de xóvenes futuros enxeñeiros.

A Formula Student abarca todos os aspectos dunha empresa industrial, dende a investigación e o deseño, pasando pola fabricación e a realización de probas, ata a organización do traballo en equipo, a xestión económica e a dirección de marketing. Todo isto será evaluado ante un xurado de expertos pertencentes a industrias asociadas ao automovilismo.

Domingo de resurrección!😋 #UVigoMotorsport #Formula #FormulaStudent #Fsae

A post shared by UVigo Motorsport (@uvigomotorsport) on

UVigo Motorsport

Actualmente, o equipo componse de vinteséis estudantes de Enxeñería Industrial de diferentes ramas (tecnoloxías, electrónica e automática, mecánica, organización) con experiencia previa na competición deportiva. A experiencia do grupo dos anos anteriores provoca unha mellor adaptación dos novos compoñentes ao equipo.

O noso proxecto busca a implantación a largo prazo dun modelo de equipo no que se integren ano tras ano alumnos de distintos cursos de Industriais e de outros centros da Universidade, para desenrolar unha labor de mellora continua e transferencia de coñecemento.