Formula Student

A Formula Student é a competición interuniversitaria de carácter automovilístico máis importante de Europa. Baseada nun proxecto formativo interdepartamental comezado no Reino Unido en 1998, máis de cen universidades de todo o mundo danse cita anualmente en cada un dos circuitos europeos que acollen este evento. Esto supón aceptar o reto de deseñar e construir un monoplaza de altas prestacións, para superar as diferentes probas estáticas e dinámicas que demostren os coñecementos técnicos e a capacidade innovadora de cada equipo.

Respaldada polos máis altos expoñentes da industria, así como por enxeñeiros de renome internacional como Ross Brawn, máximo responsable do equipo Mercedes AMG F1 e patrón da Formula Student, a competición busca inspirar e desenrolar as aptitudes emprendedoras e innovadoras de xóvenes futuros enxeñeiros.

A Formula Student abarca todos os aspectos dunha empresa industrial, dende a investigación e o deseño, pasando pola fabricación e a realización de probas, ata a xestión do traballo en equipo, a xestión económica e a dirección de marketing. Todo isto será evaluado ante un xurado de expertos pertencentes a industrias asociadas ao automovilismo.

A competición

Aínda que a historia desta competición ten o seu nacemento na asociación estadounidense Society of Automotive Engineers (SAE) en 1981, a orixinal Formula SAE tomou carácter mundial. Organizada pola Institution of Mechanical Engineers no Reino Unido, a Formula Student utiliza as normas da sua homóloga con variacións particulares. En España, a encargada da sua organización é a Sociedad de Técnicos de Automoción, sendo habitual que o traballo de equipos de universidades de todo o mundo vea a súa culminación en eventos como Formula Student Spain, no circuito de Montmeló, ou Formula Student Germany, en Hockenheim.

A Formula Student plantea un escenario hipotético no cal unha empresa contrata un equipo de enxeñeiros para desenrolar un pequeno monoplaza deportivo tipo fórmula, pensado para unha suposta produción para un piloto amateur. A partir dese momento, os estudantes deseñan, constrúen e fan probas ao prototipo, pensando non soamente no cumprimento da norma e a seguridade, senón tamén na evaluación de costes e presentación ante un grupo de inversores ficticios.

Probas

A competición divídese en dúas categorías. A primeira concentra as probas máis comerciáis, como a presentación do plan de negocio e a entrega dos informes detalados do total das pezas do coche, xustificando as decisións tomadas fronte outras alternativas similares. Este bloque supon un 32,5% do total de puntos.

Para poder competir na segunda categoría, o monoplaza é sometido a unha serie de probas tanto para garantizar a súa seguridade, como a súa capacidade de freada, estabilidade contra volco, illamento eléctrico, etc., en base á normativa propia da competición.

Unha vez obtido o visto bo dos xueces, o equipo pode competir no segundo bloque de probas, deseñado para evaluar tanto as características dinámicas do monoplaza, como o seu comportamento en curva, aceleración, rendemento, fiabilidade e autonomía. Esta segunda categoría supon o 57,5% dos puntos, deixando un último 10% para a evaluación do consumo de combustible que se teña durante as probas.

Desglose das probas e as súas puntuacións (total: 1000 puntos)
Desglose das probas e as súas puntuacións (total: 1000 puntos)